miércoles, abril 27, 2005

busca parella en catalán

O outro día falando cuns compañeiros que estaban tentando buscar parella comentaronme algo sobre dun anuncio publicitario do goberno catalan que dicia algo así como "NON ACEPTES UNHA PARELLA QUE NON FALE CATALÁN"




















pois aqui queda a miña idea " liga sempre usando a túa lingua

Manifesto correlingua


Pon un bico na linguao teu bico no bicarelo do bico da linguae, sempre, con ela, bica.Mil primaveras máis para o galegobicos 1000 na miña, túa,súa, nosa lingua.Do teu -yo- ao meu -eu-que estoure un bico e que Galiza esperte.Que esperte de Fonmiñá a Cabo Vilán.Óiase, á fin,o bocexo da Galiza subversiva petrificada de séculos.Os rumorosos non din nada de nada mais si temos castiñeiros de mil anos que resisten e especies foráneas achantadas na terra que rosman en galego e reclaman futuro.Levantemos como estandarte a bandeira da imaxinación na que collemos todos/as,os/as que non naceron e os/as que están,os/as que han de vir e os/as que tiveron que marchartodos, desde aquí, acollidos, no mundo,desde aquí, en galego, no mundo.
Desde aquí, mentres oímos de lonxe o ruído da choiva e bailamos hip-hop na pista dun pub,mentres calamos cun amable descoñecido que encaixa no noso soño,mentres miramos como o camareiro lle serve unha copa á rapaza máis ghuai...quizais siga chovendo.Desde aquí, mentres respiramos esta música,agora pesada e monótona,mentres do curruncho máis escuroa fermosura desa parella nos reclama,mentres atrapamos un chisco de ollo previamente imaxinado,e xa somos paspáns namorados...quizais non cese de chover.Desde aquí, mentres fisgamos no bolso da amiga,mentres ensaiamos a retardada fuga, mentres nos queiman cun cigarro e só podemos ver a lúa sen as estrelas,quizais non pare xamais de chover.
Porque oídeo, nós somos:Unha prole de lucecús que alumean os buracos negros de Galiza.Un exército de corazóns preñados de utopía que freará a colonización da escuridade.Choiva maina que rega a nosa cultura milenaria.Humus patrio que garante a súa fertilidade.Elixir que todo o cura.Un si agudo no inestable pentagrama que esnaquizará espellismos.Lóstrego súbito que fará borralla da pel de cacique.Porque con respecto aos pesimistas nós somos optimistas,e, aínda que non venda,
Comprendemos que quizais para atraer a turistas sexa preciso falar
Pero nós preferimos as cousas núas,sentar á mesa ós nosos mitos,e despois, entre nós, leriar:pode que Murguía fose mullerengo,que Rosalía soñase coa sombra de Aguirre,que Otero aprobase todos os alumnos,E Pondal... Pondal quizais non casase por manter a pensión.E con respecto aos novos,preferimos o silencio xusto dalgúns/unhasque a cantarela doutros.
Así pois, luza ou non o Sol,sabédeo, seguiremos adiante. na palabra inarticulada dos proscritos da linguaxeno trémulo beixo da condición de amantena ollada terrosa da nai sen froitono arrecendo da uz e do xurelo no andén da estación e no cumio do outeirona fonte da praza e na corredoira das vacasno visible do invisible e no invisible máis visibleque esquiva a nosa,vosa descuberta porque o galego é a voz das palabras que nos silencian Cómprenos a lingua para sermos luz nesta EUROPA caduca.
Que aniñe a nosa verdade no ventoe paira no Parlamento.

esta é una boa historia

se vos conto o que esta tarde me pasou non ides creer, resulta que a moza dos soños de Pedro se me presenta na miña casa, en pelotas e cunha quenteira encima que nonn hai quen a aguante, pero sabedes o que vos digo que a rexeito e que lla mando a pedro a casa...

si como sse iso fose o que fariades vos, langrans, que andaes mais quentes, ca unha cociña de ferro.
claro que vos o ides creer, que lle vou mandar a moza tan caxonda a casa del non, pois non quedou na miña e imaxnade o que lle fixen...

esta semán e moi chunga

o luns tiven un pequeno percance, esquceume de que tiña exame, pero o mellor foi que o aprobei.
inda que a miña felicidae era grande todo torceu coa chegada de mariño (profesor de matematicas que suspende a todo cristo) matematicas que suspende a todo cristo) e como non ia ser menos a min tamén me tocou palmala e lvei un 2.