lunes, mayo 09, 2005

Lorenzo Varela

Aqui presentovos unha poesía de Lorenzo Varela, que é o homenaxeado no día das letras galegas.


HOMENAXE CATIVA A VALENTÍN PAZ ANDRADE
Non sei porqué:Xílgaros.
Veñen e van,non sei porqué:Xílgaros.
Xílgaros que van e veñensobor do vento mareirodo mar de Vigo.Gaivotas.Non sei porqué.Brancas gaivotas azuissobor do mar de Vigo.Non sei porqué.Non sei porqué, meu amigo.Tantos anos de sangue prestado que ninguén pagará. De camelias nos pazos, de ledos toxos ferintes. E ti e mais eu, meu amigo dándolle cada día á morte a súa ración.

(Poema escrito pouco antes do seu falecemento en Madrid, en 1978)